Friday 14 de March de 2025

A portavoz do Partido Popular e o alcalde de Sada acordan os pasos para dar para a realización dun simulacro.


A portavoz do Partido Popular e o alcalde de Sada reuníronse,durante máis de tres horas, o pasado luns día 10 de marzo pola tarde, para chegar a acordos sobre os pasos para seguir para organizar un simulacro relacionado co proxecto de “ Augas de Galicia” de renaturalización del Río Maior para minimizar o risco de inundacións en Sada, reunión na que tamén estivo presente o Concelleiro de Obras e Servizos.

A pedimento dos Populares,o goberno presentou unha proposta de acordo que tras matizar algún punto pendente nunha próxima reunión, será levada a pleno para sacar adiante os termos de contratación de toda a obra, simulacro incluído.

O Partido Popular celebra este paso, xa que aínda que confía no proxecto de “Augas de Galicia”, un simulacro axudará a minimizar problemas e achegar máis información para lograr co maior grao de satisfacción esta necesaria actuación.

Deja un comentario