Friday 14 de March de 2025

Aberta ao público a mostra ‘A melodía das buxainas’, na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, en Durán Loriga


O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu o acto de apertura desta exposición que percorre a historia deste xogo milenario

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura da mostra ‘A melodía das buxainas’ na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, en Durán Loriga. Esta exposición está organizada polo Concello e convida á cidadanía a facer un percorrido artístico e literario pola historia deste xogo milenario.

“O Goberno de Inés Rey quere afondar a través desta exposición na tradición da cidade e de Galicia a través dun xogo que pasou de xeracións a xeracións e que hoxe pode ser coñecido por todos os coruñeses e coruñesas nesta sala municipal”, indicou Castro durante a súa intervención. O concelleiro indicou a importancia de iniciativas coma esta entre as novas xeracións. O Concello convidou aos centros educativos da cidade a visitar esta exposición, que inclúe buxainas, fotografías artísticas, carteis informativos e textos literarios cos que as persoas visitantes poderán profundar no coñecemento das orixes dun xogo que forma parte da cultura lúdica e, de paso, vivir as emocións e sentimentos que provoca.

Deja un comentario