Friday 14 de March de 2025

O alcalde de Boqueixón e a directora xeral do Agader analizan a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrícolas


A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde do Concello de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o concelleiro de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín. Un encontro no que se avaliaron diversas cuestións de interese para o municipio vencelladas co desenvolvemento rural do municipio e a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrarias.

Neste sentido, abordouse a utilidade do Banco de Terras en Boqueixón. Paz Rodríguez lembrou que se trata dun instrumento creado co dobre obxectivo de evitar o abandono de terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio.

Deja un comentario