Friday 14 de March de 2025

A parroquia de Abellá celebra este sábado 15 de marzo a XI Festa da Filloa, con degustación de filloas e caldo galego


A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a undécima edición da Festa da Filloa, que terá lugar este sábado 15 de marzo no pavillón municipal de Abellá. Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e caldo galego. O prezo será o mesmo do ano pasado: 15 euros.

A música correrá a cargo do Dúo Acherizados, que se encargará da sesión vermouth e pola tarde volverá actuar acompañado polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e Disco Móbil Impacto. Así mesmo, haberá sorteos e xogos para as crianzas, con cantina atendida pola Comisión de Festas de Abellá.

A XI Festa da Filloa de Abellá está organizada pola AAVV Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, ao abeiro do Proxecto Nantronte. Unha festa que cada ano atrae a centros de persoas debido ao bo facer das e dos filloeiros, así como ao traballo de todas as persoas voluntarias que participan en cada edición.

Deja un comentario