
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Economía e Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa.
Na xuntanza, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés. Así, o alcalde de Frades trasladoulle á conselleira varios proxectos para mellorar a seguridade viaria e humanizar algúns espazos públicos do municipio.
María Martínez Allegue destacou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica na comunidade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.