
O Concello de Boqueixón organiza seis cursos de formación dixital gratuíta que se impartirán nas parroquias durante os meses de abril e maio. Unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 55 anos “para que aprendan a navegar con seguridade e confianza por Internet e a usar o seu móbil ou tableta para comunicarse por videoconferencia, facer xestións no seu banco, pedir unha cita médica, comprar online ou aproveitar o seu tempo de ocio e creatividade na rede”, explica Ángela Conde, concelleira de Servizos Sociais.
Os cursos teñen unha duración de catro horas, repartidas en dous días. A primeira sesión centrarase en dar a coñecer ferramentas de ocio creativo e comunicación, coas que a veciñanza accederá a aplicacións para aproveitar os seu tempo de lecer na Rede e manter unha mente activa. A segunda sesión presentará ferramentas para realizar trámites de xestións administrativos, ademais de explicar como realizar compras seguras na rede.
Os cursos teñen como obxectivo final que a veciñanza de Boqueixón aumente a súa independencia e autonomía persoal, mellorando a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable. As persoas que desexen participar poden apuntarse xa no teléfono do Concello de Boqueixón (981 513 115) e ata 15 días de antelación ao inicio de cada curso.
Os cursos e os horarios son os seguintes:
• LESTEDO. Local social (2ª planta). Días 1 e 3 de abril, de 16:00 a 18:00 horas.
• BOQUEIXÓN / A GRANXA. Casa do Concello. Días 6 e 8 de abril, de 16:30 a 18:30 horas.
• LEDESMA. Local social (baixo). Días 28 e 30 de abril, de 16:30 a 18:30 horas.
• CODESO / DONAS / A GRANXA. Local social de Codeso. Días 5 e 6 de maio, de 16:30 a 18:30 horas.
• LAMAS / LOUREDA / GASTRAR / VIGO. Local social de Lamas (casa do cura). Días 12 e 14 de maio, de 16:30 a 18:30 horas.
• OURAL / POUSADA / SUCIRA. Cas da Cultura. Días 27 e 29 de maio, de 16:30 a 18:30 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.