O Concello de Ordes felicita a atleta ordense Alejandra Souto Vietes, do Club Atlética A Silva, pola súa grande actuación no Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta, o cal se disputou esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña. Alí a moza proclamouse campioa galega alevín na proba de 50 metros lisos e subcampioa galega alevín en salto de lonxitude.