
• O Concello tiña un tipo dun 2,8% desde 2012, pero en 2019 axustouno ao 2,4%
O Concello de Abegondo levará ao próximo pleno da corporación a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, denominado comunmente o ICIO. A proposta busca actualizar o gravame de cando á senda de estabilidade orzamentaria.
En concreto, o ICIO do Concello de Abegondo estaba fixado nun tipo dun 2,8% desde 2012, cando se aprobou a ordenanza. Posteriormente, en 2019, o Concello axustouno ao 2,4% e agora a proposta é actualizalo ao 2,6%, aínda inferior ao de hai 13 anos.
De feito, na comarca a media do ICIO sitúase nun 2,8% e o tipo máximo que permite a lexislación é dun 4%.
A intervención apunta no seu informe que o incremento destes ingresos non financeiros contribúe ao cumprimento da estabilidade por parte do Concello. A actualización permitirá manter o equilibrio entre a evolución xeral dos servizos e o seu financiamento.
A modificación da ordenanza, tras a eventual aprobación provisional en pleno, será sometida a información pública.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.