Wednesday 12 de March de 2025

A Orquestra Gaos regresa ao Teatro Colón o 23 de  marzo co violonchelista Raúl Mirás como solista 


As entradas para este concerto que promove o Concello xa están á venda 

A Orquestra Gaos regresará ao Teatro Colón o vindeiro  domingo 23 de marzo as 19.30 horas, na primeira das súas actuacións deste 2025 neste  emblemático recinto municipal. A formación presentará un concerto cunha novidosa sesión  introdutoria co obxectivo de achegarse máis ao seu público. 

A través das obras de Dvorak e Smetana, a Orquestra Gaos explorará como o concepto de  nacionalismo na música segue influíndo na visión do mundo de hoxe en día. “Desde o  Goberno de Inés Rey continuamos estreitando vínculos con esta formación, que forma parte  por méritos propios da programación cultural da Coruña desde hai moitos anos e constitúe  unha oportunidade única de achegar á cidadanía a máis alta calidade musical”, indicou  Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. 

A formación estará acompañada nesta ocasión por Raúl Mirás como solista. O coruñés é o  actual violonchelo principal da Orquestra Sinfónica de Galicia. Natural da Coruña, comeza a  súa formación con Ilia Keilin. Gradúase en Musikene con Asier Polo e posteriormente realiza  estudos de máster na Musik-Akademie Basel con Thomas Demenga e na Hochschule für  Musik Rostock con Julian Steckel. A súa formación como músico de cámara supón unha gran  influencia para el; traballou con mestres como Rainer Schmidt, Walter Levin, Sergio Azzolini  ou Anton Kernjak e estudou cuarteto de corda con Natasha Prishepenko na Universität der  Künste Berlin. 

A súa carreira como solista levoulle á fronte de orquestras como a Sinfónica de Tenerife,  Orquestra Gaos, Sinfónica de Musikene, FRSinfonieorchester Rostock ou a Nova Orquestra  de Asturias, interpretando os concertos de A. Dvorak, E. Elgar, D. Schostakovich ou o Don  Quixote de R. Strauss.

As entradas para este concerto xa están á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da  praza de Ourense, a un prezo que parte dos 6,8 euros. O día da actuación, ademais,  habilitarase a propia billeteira do Teatro Colón no caso de quedar localidades á venda.

Deja un comentario