
As representantes do Goberno autonómico confirmaron que tamén están en marcha os trámites do proxecto de desenvolvemento, urbanización e parcelamento
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e o xerente de Xestur, Diego Jorreto, mantiveron, esta tarde, unha reunión cos representantes da Asociación de Empresarios e Propietarios do polígono de Bértoa e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que lles informaron do inicio dos trámites para levar a cabo a expropiación dos terreos para ampliar este parque nunha superficie total de 629.588 metros cadrados e tamén se iniciou a tramitación do proxecto de desenvolvemento, urbanización e parcelamento o que permitirá aprobar a adxudicación dos contratos de redacción dos proxectos nas vindeiras semanas.
Na xuntanza abordouse a situación na que se atopa o proceso de ampliación do parque empresarial, a delegada informoulles que o proceso de aprobación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial desta II fase de ampliación aprobarase nos vindeiros meses, unha figura que incluída na Lei de áreas empresariais de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de novembro e que pretende axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación do solo industrial na Comunidade.
Ambas dirixentes salientaron que unha das prioridades da Xunta de Galicia é dinamizar a actividade empresarial e captar novos investimentos, para o cal neste momento a ampliación do polígono é un paso fundamental. Neste senso, coincidiron no compromiso do Goberno galego co tecido empresarial de Galicia e recalcaron a importancia de seguir traballando da man do sector para atraer novas empresas e xerar riqueza industrial.
Para esta actuación, incluída no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG), a Xunta destinará un investimento de 18,7 millóns de euros para incrementar a superficie nuns 581.000 m2, que se sumarán aos máis de 718.000 m2 que o Goberno galego puxo a disposición do empresariado coa primeira ampliación deste parque industrial en 2011.
Cando se complete esta ampliación o Parque Empresarial de A Bertoa acadará un total de 1.865.915 m2 dos que 1.011.703 m2 están adicados a solo industrial.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.