
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana reivindicou o papel das mulleres no deporte como unha garantía dunha Galicia máis igualitaria en todos os ámbitos da sociedade. Así o destacou esta tarde durante o partido de fútbol entre o Deportivo Abanca e o S.D. Eibar.
A directora xeral destacou que a presenza das mulleres no deporte ao igual que no resto de facetas sociais é imprescindible para acadar unha Galicia máis igualitaria. Deste xeito, lembrou que a Xunta de Galicia impulsa diferentes iniciativas para apoiar e impulsar o papel das mulleres nos diferentes sectores económicos e garantir a súa independencia económica e autonomía persoal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.