Monday 10 de March de 2025

Cocido interxeracional de entroido en Neda


A gastronomía tradicional do carnaval sempre presta. Unhas 160 persoas sumáronse finalmente ao cocido interxeracional de entroido en #Neda. O menú sinxelo, pero contundente: sopa, e cocido con lacón, costela, orella, chourizo, touciño, grelos, garavanzos e patacas. Aí é nada. A música en directo de Carlos Manteiga, antes e despois do xantar, animou a celebración, que incluíu ademais o sorteo de cestas con produtos típicos destas datas.

Deja un comentario