
A exposición abrirá ao público o vindeiro xoves 13 de marzo, na Sala da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga
A Sala da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, acolle desde o vindeiro xoves 13 a mostra ‘A melodía das buxainas’, unha exposición organizada polo Concello, que convida a un percorrido artístico e literario pola historia deste xogo milenario.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a importancia de iniciativas como esta, “coas que nos achegamos aos xogos populares para coñecermos máis polo miúdo as nosas tradicións e darlles tamén un percorrido no tempo; facémolo cunha perspectiva interxeracional e contando coas xeracións máis novas”.
Neste sentido, o Concello vén de convidar os centros educativos da Coruña a visitaren a mostra, que inclúe buxainas, fotografías artísticas, carteis informativos e textos literarios cos que as persoas visitantes poderán profundar no coñecemento das orixes dun xogo que forma parte da cultura lúdica e, de paso, vivir as emocións e sentimentos que provoca.
O acto inaugural da mostra terá lugar a vindeira semana na Sala da Cultura Salvador de Madariaga. Será o xoves 13 de marzo, ás 19.00 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.