
Unha persoa tivo que ser excarcelada do seu vehículo polos bombeiros do parque Provincial de Arzúa logo de que o seu coche envorcara na cuneta á altura do quilómetro 65 da N-547 en dirección Santiago, no lugar de Río Vello, no Concello de Arzúa
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa acudían a un accidente de tráfico cunha vítima atrapada no seu vehículo no lugar de Río Vello. A persoa estaba consciente, pero non podía saír do vehículo, e queixábase dun brazo e máis dunha perna.
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa abateron o teito do coche deixando acceso libre para así ter mellor acceso e facilitar a extracción da vítima.
Coa axuda dos sanitarios se inmobilizou á persoa ferida, se lle colocou un colariño para ser extraído coa axuda do taboleiro espinal, e ser trasladado á padiola da ambulancia para ser atendido polo equipo médico. Posteriormente a vítima foi trasladada a un hospital.
Participaron no operativo a Garda Civil, 061 e PAC de Arzúa.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.