
Máis de 3.000 persoas participaron na mobilización pese á persistente chuvia
Máis de 3.000 persoas participaron este 8 de marzo na manifestación que conmemora o Día Internacional das Mulleres na Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo equipo de Goberno, estivo presente na marcha e indicou: “Aínda queda moito por facer a prol da igualdade e é máis necesaria que nunca a mobilización de todas as persoas”.
A manifestación partiu ás oito do Obelisco en dirección á praza de Tabacos. Pese á persistente chuvia, máis de 3.000 persoas completaron o percorrido con proclamas a favor da igualdade e contra a violencia machista. “Este 2025 desde o Concello estamos poñendo o foco na visibilización das mulleres como referentes en todos os ámbitos a través da nosa campaña ‘Mulleres liderando o cambio’”, indicou a alcaldesa.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.