
A Garda Civil de Fene solicitou a colaboración dos bombeiros do parque Provincial do Eume para acceder á vivenda dunha persoa maior que levaba días sen saír do seu domicilio na rúa Pinemar, no Concello de Cabanas.
A persoa residente no piso no respondía ao teléfono e levaba días sen saír da casa, polo que se temía que lle tivera acontecido algo. Logo de que os efectivos dos bombeiros do parque Provincial do Eume accederan ao domicilio por un balcón colindante, lamentablemente descubriuse que a persoa á que se pretendía auxiliar tiña finado.
No operativo participou tamén a GES Mugardos e a Garda Civil de Fene.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.