
Un total de 370 palilleiras chegadas de boa parte de Galicia e máis de Soria están a participar na “XIX Xuntanza de Palilleiras de Neda”, organizada pola Asociación Palilleiras Filigrana, co apoio do Concello. O alcalde, Ángel Alvariño, inauguraba esta mañá o encontro, no que nedenses e visitantes poden seguir en directo o traballo artesán que realizan estas auténticas mestras (e algún que outro mestre) do bolillo. De 16 a 18 horas, retómase o encontro no que, como é habitual, hai variedade de postos de venda de material no que non faltará o tradicional sorteo de agasallos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.