Monday 10 de March de 2025

O alcalde chega a un acordo con Portos e a Confraría de Pescadores para contar cunha nova parcela para aparcadoiro en Corme


· O terreo, con capacidade para 150 vehículos, estará dispoñible para o seu uso durante as épocas de maior afluencia, como o Nadal, a Semana Santa e os meses de verán.

O alcalde, José Manuel Mato, chegou a un acordo con Portos de Galicia e a Confraría de Pescadores de Corme para dispoñer dunha nova parcela na zona portuaria destinada a aparcadoiro e con capacidade para 150 vehículos. Así o confirmou o rexedor, que asinou o convenio xunto ao patrón maior da Confraría de Corme Porto, José Francisco Carabel Mosqueira. O primeiro edil agradeceu a “boa disposición” para adoptar esta medida, que funcionará como revulsivo para a economía local nas épocas de maior afluencia.

Segundo o acordo, o Concello poderá facer uso deste espazo durante os períodos de maior fluxo de visitantes. Isto é, durante o Nadal (desde o 20 de decembro ao 6 de xaneiro), a Semana Santa e os meses de verán (do 1 de xuño ao 31 de agosto). Con todo, o acordo asinado contempla a posibilidade de ampliar as datas de emprego deste terreo sempre e cando este estea dispoñible.

O primeiro edil apunta os efectos positivos que esta medida traerá a nivel económico. Así, a disposición deste espazo estimulará o consumo “tanto no tecido hostaleiro como comercial de Corme”, subliña Mato.

Deja un comentario