Saturday 02 de August de 2025

Unha conferencia sobre economía doméstica  sostible pecha o ciclo de actividades de Educación  Ambiental nos centros cívicos 


Os asistentes ao centro cívico de Monelos poderán aprender o vindeiro  xoves día 13 distintas formas de coidar o planeta desde casa 

Reducir residuos, aforrar auga e enerxía, reciclar de forma  eficiente e escoller produtos máis respectuosos co medio son pequenos xestos que axudan  ao planeta e que todos podemos facer nos nosos fogares. Este será o contido da última  actividade programada dese o Concello dentro do ciclo de Educación Ambiental nos centros  cívicos e que se celebrará o vindeiro xoves 13 de marzo no CC de Monelos. A inscrición,  totalmente gratuíta, pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico  educacionambiental@coruna.gal. 

“A sustentabilidade empeza en casa e todos podemos contribuír a que a nosa actividade  cotiá sexa máis respectuosa coa contorna non só porque con iso contribuímos a conservalo  senón porque tamén podemos aforrar enerxía, reducir consumos innecesarios e reciclar  obxectos que temos en casa”, sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.  

Coa charla no CC de Monelos péchase este primeiro ciclo de actividades gratuítas nos  centros cívicos que permitiu achegar aspectos centrais da educación ambiental a públicos  de todas as idades. “Continuaremos desde o Goberno de Inés Rey explorando novos temas  de interese para a cidadanía para mellorar e ampliar a nosa oferta”, agregou Neira. 

Este primeiro ciclo de conferencias centrouse en tres aspectos clave: o coñecemento e o  respecto da biodiversidade da nosa cidade, o coidado de mascotas e as posibilidades de  coidar o planeta desde casa, aforrando enerxía e reciclando de forma máis eficiente. As  actividades, totalmente gratuítas, han sido impartidas por expertos ambientais e en dous  delas se han programado saídas que complementarán o aprendido. 

Toda a información sobre as actividades estará dispoñible na web municipal e nos centros  cívicos. A inscrición pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico  educacionambiental@coruna.gal