
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron a sufocar un incendio nunha casa abandonada na rúa Ventorrillo, no Concello de Malpica de Bergantiños.
O equipo do parque provincial procedeu a extinguir as lapas desde o exterior debido a que consideraron que a estrutura interior e as vigas de madeira do teito non garantían a seguridade e podían colapsar.
Cando se conseguiu baixar a carga térmica, e logo de comprobar a estabilidade da estrutura, os bombeiros do parque Provincial de Carballo destacados ao lugar dos feitos procederon a acceder ao interior da vivenda para retirar partes da madeira esparexida e, desta forma, extinguir os focos activos.
Unha vez extinguido o incendio o equipo destacado no lugar continuou coas tarefas de refrixerado da estrutura e comprobou os posibles danos que o incendio podería ter causado nas vivendas lindeiras.
A consecuencia do incendio resultaron afectados por a carga térmica varios cristais dos pisos do edificio nº 26 da rúa Ventorrillo, mais o penal do edificio La Fuente. Os bombeiros do parque Provincial de Carballo revisaron o interior dos pisos que daban para o penal e concluíron que non resultaron afectados.
Descoñécense as causas que provocaron o incendio que carecía de electricidade. A consecuencia do incendio resultou afectada toda a estrutura do teito da casa que chegou a colapsarse parcialmente. Tamén resultaron afectados os restos de madeira do interior da vivenda.
Participou no operativo o GES de Ponteceso.
Retiradas chapas dos tellados do campo de fútbol de Aguiño e do chiringuito en Ameixada, ambos no Concello de Ribeira
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira realizaron dúas intervencións para a retirada de senllas chapas nos tellados do campo de fútbol de Aguiño e do chiringuito da praia de Ameixada, ambos os dous no Concello Ribeira.
No caso do campo de fútbol de Aguiño había unha chapa metálica no tellado agarrada nun só punto que corría perigo de caer á vía pública dados os fortes refachos de vento que se estaban a producir.
Concretamente tratábase da primeira prancha da cuberta da grada cunha lonxitude aproximada de seis metros e agarrada por un so parafuso. A cuberta ten uns catro metros de altura aproximadamente. Os efectivos do parque Provincial de Ribeira subiron e desengancharon a chapa. Unha vez no alto observaron que había outras medio soltas e se lles colocaron parafusos para que no voasen.
A chapa retirada plegouse en varios anacos e colocouse ao abrigo do vento segundo as indicacións da persoa responsable do Club Xuventud de Aguiño que dera o aviso.
Tamén participou no operativo o GAEM de Ribeira.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.