
O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, visitou esta mañá ao alumando do CPI Ponte Carreira, entre os que repartiu un zapatilleiro e unha toalla serigrafiado coa lenda: “Frades. 8 de marzo. Día Internacional da Muller”. Unha acción que terá continuidade esta tarde entre a rapazada de Abellá que estuda no colexio de Xanceda (Mesía).
Ferreiro Marzoa aproveitou para felicitar ao alumnado polos traballos elaborados para poñer en valor a contribución das mulleres en distintos campos do coñecemento. Mulleres como Luísa Villalta, María Victoria Moreno, María Casares, Maruxa Mallo, Ernestina Otero, Ángela Ruíz Robles ou Mar Galceran. Uns traballos que poden ser visitados polo público en xeral no multiúsos de Frades durante a próxima semana, grazas á iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade de Ordes e da Cruz Vermella de Ordes, en colaboración co Concello de Frades e o CPI de Ponte Carreira.
Paralelamente, durante a mañá a casa do concello acolleu unha mesa informativa sobre o 8 de Marzo e ás 12:00 horas, a concelleira de Igualdade Ánxeles Álvarez, deu lectura ao manifesto institucional polo Día da Muller. Unhas iniciativas organizadas polo Concello de Frades, en colaboración co Ministerio de Igualdade e ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.