Monday 10 de March de 2025

Xunta e UDC acordan crear un grupo de traballo para elaborar un Plan de Equilibrio Financieiro 


Os conselleiros de Educación e de Facenda reúnense co equipo reitoral para fixar o pasos a seguir co fin de corrixir a situación de desequilibrio financeiro herdada e posta de manifesto na liquidación do orzamento de 2023

A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UDC) veñen de acordar a creación dun grupo de traballo para seguir avanzando na proposta de medidas que permitan subsanar a situación financeira herdada na que se atopa a institución e elaborar un plan de equilibrio financeiro como paso previo ao orzamento de 2026.

Así o acordaron nunha xuntanza en Santiago os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda, Miguel Corgos, e o reitor da UDC, Ricardo Cao, acompañado polo seu equipo reitoral, durante unha xuntanza en Santiago na que tamén participou Antonio Abril, presidente do Consello Social da Universidade coruñesa.

No encontro, Xunta e UDC compartiron a necesidade de buscar unha solución á situación sobrevida de desequilibrio contable na que actualmente se atopa a universidade e que se puxo de manifesto polo actual equipo de Goberno coa liquidación do ano 2023.

Agora, baixo o apoio e a supervisión da Administración autonómica, un equipo de traballo formado por técnicos da Consellería de Facenda, da Secretaría Xeral de Universidades e da UDC traballarán co obxectivo de subsanar a situación herdada, unha vez identificadas as circunstancias que levaron a este escenario. A partir de aí, deseñarase un plan plurianual no que se fixe a senda de reequilibrio financeiro encamiñado a encauzar a senda orzamentaria e, deste xeito, garantir a estabilidade económica da UDC.

Deja un comentario