Monday 10 de March de 2025

Paderne aposta por contacontos familiar, actividades nos centros educativos e unha andaina para darlle visibilidade á necesaria loita pola igualdade no 8M 


O Concello de Paderne súmase á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizando unha serie de actos para a veciñanza como xeito de concienciar do traballo que queda por facer para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

Este venres 7 de marzo levarase a cabo a actividade “Historias en feminino” na que a través de contos, curiosidades e xogos, achegarase ao público familiar ás moitas, sobresaíntes e descoñecidas mulleres invisibilizadas ao longo da historia.

O sábado 8 de marzo, ás 17 horas, procederase á lectura dun manifesto no baixo da Casa do Concello. Posteriormente, as persoas asistentes participarán na andaina popular organizada polo Concello en favor da igualdade. Ao remate desta, todas as persoas participantes serán convidadas a un debate-coloquio con chocolatada nun establecemento hostaleiro da localidade.

Xa o luns 10 de marzo, organizarase unha xuntanza de todo o alumnado das escolas unitarias do Concello. Nela, a técnica de igualdade do Centro de Información á Muller de Coirós impartirá actividades de educación e sensibilización a través de xogos e dinámicas fundamentais para desenvolver nos nenos e nenas de infantil un espírito de igualdade entre persoas de xeito independente ao seu sexo.

Deja un comentario