Monday 10 de March de 2025

Ortigueira contará cunha unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer


• O novo servizo concretarase e articulará nas próximas semanas, despois de que o Concello alcanzase un acordo de colaboración coa Xunta de Galicia

• A unidade será xestionada pola asociación sen ánimo de lucro Afal Ferrolterra

Ortigueira continúa ampliando as súas prestacións de Servizos Sociais. O equipo de goberno dirixido por Valentín Calvín chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para poñer en marcha unha unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer na localidade.
Este novo servizo será xestionado pola asociación sen ánimo de lucro Afal Ferrolterra, que “loita por facilitar unha mellor calidade de vida aos enfermos de Alzheimer e ás súas familias”.

Nas próximas semanas, as institucións implicadas concretarán os detalles definitivos e poñerán en marcha esta nova unidade, que vén reforzar a carteira de Servizos Sociais do Concello de Ortigueira.
“Dixémolo sempre e mantémolo: a prioridade de calquera goberno ten que ser a súa xente. E, por tanto, os servizos sociais. Para o noso equipo, leste é un dos grandes piares e así o estamos demostrando.

Acabamos coas ‘explotaciónes’ do persoal que traballaba nesta área, impulsamos o SEETA, adherímonos a ‘Xantar na Casa’… Agora, damos un paso máis cun novo servizo máis específico para as persoas con Alzheimer que axudará non só aos pacientes, senón tamén a quen sofre na sombra: as súas familias”, apuntou o alcalde, Valentín Calvín.

Deja un comentario