Monday 10 de March de 2025

Máis dun cento de persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura de Lousame para asistiren á conmemoración do Día da Muller A concelleira de Igualdade deu lectura a un manifesto institucional nun acto que contou coa participación dos tres grupos políticos municipais 7 marzo de 2025.- Máis dun cento de persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura lousamiá para participar na actividade programada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día Internacional da Muller. Un acto no que participaron oitenta alumnos e alumnas da ESO do CPI Cernadas de Castro e unha ducia de integrantes da asociación Misela, acompañados dos seus mestres e coidadores. A conselleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar a benvida á rapazada destacando que “levamos moitos anos traballando con vós, xa que a colaboración entre o colexio e o Concello é espectacular. Vós sodes o futuro. É certo que cada vez hai máis igualdade entre a muller e o home, pero isto ten que seguir mellorando e ogallá chegue o día no que non fagan falla este tipo de actividades porque iso significará que acadamos a igualdade real”. Manifesto institucional Tras unha breve intervención do profesorado do CPI Cernadas de Castro, Agrafojo procedeu a dar lectura ao manifesto institucional do Concello de Lousame polo 8 de Marzo. Unha lectura á que asistiron os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras Públicas, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces; así como os voceiros do grupo municipal socialista, Juan José Prego, e do grupo municipal do BNG, Anxo Moledo. Silvia Agrafojo puxo en valor “a incuestionable achega das mulleres á sociedade ao longo da historia, aínda que ás veces semelle invisible, e o que queremos poñer de manifesto nesta data é o noso convencemento de que as cousas poden e deben cambiar. O Concello de Lousame traballa pola erradicación da discriminación e a equidade de xénero”. Neste sentido, destacou que “é fundamental a colaboración da comunidade educativa e fomentar a formación dos profesionais da educación en materia de igualdade e prevención da violencia entre os máis novos”. O acto rematou coa proxección da película “Matria”, película galega de 2023 dirixida por Álvaro Gago e que recolle a vida de mulleres fortes e traballadoras. Esta iniciativa estivo organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro e o Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.


A concelleira de Igualdade deu lectura a un manifesto institucional nun acto que contou coa participación dos tres grupos políticos municipais

Máis dun cento de persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura lousamiá para participar na actividade programada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día Internacional da Muller. Un acto no que participaron oitenta alumnos e alumnas da ESO do CPI Cernadas de Castro e unha ducia de integrantes da asociación Misela, acompañados dos seus mestres e coidadores.

A conselleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar a benvida á rapazada destacando que “levamos moitos anos traballando con vós, xa que a colaboración entre o colexio e o Concello é espectacular. Vós sodes o futuro. É certo que cada vez hai máis igualdade entre a muller e o home, pero isto ten que seguir mellorando e ogallá chegue o día no que non fagan falla este tipo de actividades porque iso significará que acadamos a igualdade real”.

Manifesto institucional

Tras unha breve intervención do profesorado do CPI Cernadas de Castro, Agrafojo procedeu a dar lectura ao manifesto institucional do Concello de Lousame polo 8 de Marzo. Unha lectura á que asistiron os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras Públicas, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces; así como os voceiros do grupo municipal socialista, Juan José Prego, e do grupo municipal do BNG, Anxo Moledo.

Silvia Agrafojo puxo en valor “a incuestionable achega das mulleres á sociedade ao longo da historia, aínda que ás veces semelle invisible, e o que queremos poñer de manifesto nesta data é o noso convencemento de que as cousas poden e deben cambiar. O Concello de Lousame traballa pola erradicación da discriminación e a equidade de xénero”. Neste sentido, destacou que “é fundamental a colaboración da comunidade educativa e fomentar a formación dos profesionais da educación en materia de igualdade e prevención da violencia entre os máis novos”.

O acto rematou coa proxección da película “Matria”, película galega de 2023 dirixida por Álvaro Gago e que recolle a vida de mulleres fortes e traballadoras. Esta iniciativa estivo organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro e o Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Deja un comentario