Monday 28 de April de 2025

Revolver actuará na Coruña na súa xira de 30 aniversario de ‘El Dorado’


A formación liderada por Carlos Goñi estará no Teatro Colón como única data en Galicia o 8 de novembro

Revolver actuará na Coruña o vindeiro 11 de novembro na súa exclusiva xira que conmemora o 30 aniversario de ‘El Dorado’, un dos discos máis emblemáticos da formación liderada por Carlos Goñi. “Desde o Goberno de Inés Rey buscamos ofrecer á cidadanía unha programación cultural variada, adaptada a cada un dos recintos municipais e exclusiva, como é o caso desta actuación”, sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

A actuación da Coruña será a única programada na cidade dentro desta xira, que só ofrecerá 11 concertos en todo o país. As entradas poderán adquirirse a través de Ataquilla e da páxina web gruporevolver.es e no despacho de billetes da praza de Ourense a partir do vindeiro martes, 11 de marzo, ás 12.00 horas.

Nesta xira Carlos Goñi interpretará de maneira íntegra o disco ‘El Dorado’, un dos grandes álbumes de rock en español, publicado en 1995. Revolver escolleu os mellores teatros do país para interpretar algunhas das súas cancións máis icónicas.