Monday 10 de March de 2025

Comezan as actividades de primavera do programa Apego, co obxectivo de difundir contidos culturais en galego para nenos e nenas de 0 a 6 anos


Este venres 7 ás 10.00 horas ábrense as primeiras inscricións para as actividades

O Concello comeza a súa programación do programa Apego para estes meses, orientada a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos, que se desenvolverán nas aulas e no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. O programa Apego, organizado polo servizo de Normalización Lingüística, procura unha difusión de contidos culturais en galego, a dinamización da lingua e o contacto interxeracional a nivel idiomático para proporcionar un ambiente de inmersión lingüística para falantes habituais de galego e, tamén, para aquelas familias que buscan achegarse a el dun xeito lúdico, divertido e, por suposto, didáctico, xa que se tratarán temas como o ecoloxismo, a importancia da identidade propia ou os abusos que sofren os/as menores. “Desde o Goberno de Inés Rey estamos plenamente concienciados da necesidade de fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas e consideramos que as iniciativas culturais son as máis axeitadas para facelo”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O programa Apego volve esta primavera cunha programación de gran variedade para público infantil: teatro, contos, obradoiros e música estarán presentes na oferta cultural do Servizo de Normalización Lingüística. Abrirá este novo ciclo de actividades, o martes 11 de marzo, a peza ‘A libraría máxica’, da compañía Inventi Teatro, que lles fará unha homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio e lles achegará ás crianzas o amor pola literatura e a lingua galega.
As inscricións para asistir ao evento está operativa desde hoxe ás 10.00 horas, na seguinte ligazón. A programación continuará ata rematar maio, cos seguintes espectáculos e obradoiros:
∙ ‘A libraría máxica’, de Inventi Teatro (+3 anos), no auditorio.

Martes 11 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min) ∙ ‘Fíos do querer’, de Cé Orquestra Pantasma (0-3 anos) Martes 18 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min) ∙ ‘Contos de igualdade (para non perder)’, de Ángeles Goás (+4 anos) Martes 25 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min) ∙ ‘Arrolar’, da Fundación Legar (0-1 anos)

Martes 1 de abril, dous pases cada día: 17.00 e 18.30 h (60 min) ∙ ‘Chimpo de ra’, de Raquel Queizás (1-3 anos)

Martes 8 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)
∙ ‘O gaiteiro verde’, da Fundación Legar (+5 anos)
Martes 22 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
∙ ‘As máis molonas’, de Pakolas (+3 anos)

Martes 29 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)
∙ ‘Lúa triangular, nada é imposible’, de Jara Ortiz (+3 anos) Martes 6 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
∙ ‘Leo e a música’, de Trémola Teatro (6 meses-3 anos) Martes 13 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min) ∙ ‘Xela, a superheroína de aldea’, de Inma Soto (+3 anos) Martes 20 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
2
∙ ‘Dende Rosalía ata as cantareiras’, da Xanela do Maxín (+3 anos) Martes 27 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Todas as actividades son de balde con inscrición previa ata completar a capacidade.

Deja un comentario