
Hoxe presentouse o encontro das Persoas Maiores 2025 que se vai a celebrar o vindeiro domingo 23 de marzo. A xornada comezará cunha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Municipal na Igrexa Parroquial de Santa Uxía para despois desprazarse á comida programada para ás 13:00 horas no pavillón do Complexo Deportivo da Fieiteira.
Ao acto de presentación acudiron o rexedor, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes máis os representantes dos club de xubilados das parroquias do municipio.
A presentación arrancou coa intervención de Mariño de Bricio, concelleiro de Servizos Sociais que comezou falando da expectación que suscita devandito Encontro: “máis que unha comida é un momento de encontro de confraternidade, un momento de vernos todos” , Mariño tamén quixo agradecer a presenza dos clubs de xubilados das diferentes parroquias, “que son en os que traballan xunto o goberno local para que estes eventos saian adiante”. Vicente informou que as entradas poñeranse á venda o luns día 10 ás 9:00h da mañá cun prezo de 25 euros, “estaremos preparados e preparadas para que a venda sexa o máis rápida posible e haberá cadeiras para que a xente se poida sentar”. Mariño tamén precisou de consellos prácticos para a devandita venda de entradas aconsellando que a xente vaia mercar a entrada coa tarxeta de crédito para así axilizar máis o proceso”. Tamén informou que sería bo que a xente se agrupe en grupos de 10 para mercar e así facilitar o agrupamento dos comensais.
Sobre o menú adiantou que haberá cigalas, camaróns, unha laconada “e como novidade este ano incluímos os percebes coa intención de promocionar cada ano un produto local”.
Haberá un servizo de autobús con saídas dende o apeadoiro ou estación cara ao pavillón da Fieiteira que acollerá a máis de 900 persoas.
A continuación o concelleiro de Mar agradeceu que se pensara “no percebe de Aguiño”. Fernando Abraldes informou que “imos ir ao percebe de luns a xoves porque estamos co 85% da flota traballando na campaña de ourizo, pero
prevese coller uns 240 kilos na Zona de Norte que transcorre desde Espiñeirido até o Feltro todo ese litoral costeiro cos petóns incluídos”.
Para pechar o acto de presentación o alcalde, Luís Pérez Barral, sumouse aos agradecementos para os clubs de xubilados “que ao longo de todo o ano dinamizan o noso concello con actividades para tódalas persoas maiores do noso municipio” tamén agradeceu á concellería de Servizos Sociais “o traballo que este evento implica porque sabemos que é un encontro multitudinario con máis de 900 persoas e iso significa unha tarefa extraordinaria na organización, e tamén para que todo este evento poida saír da mellor maneira posible”. O rexedor tamén tivo quixo darlle as grazas a tódalas persoa maiores do concello,”independentemente que vaian ou non; a súa contribución ao longo da historia para que Ribeira hoxe sexa o concello que temos; as persoas maiores son a memoria viva do noso municipio e por tanto esta festa gastronómica convértese nun agradecemento especial a todas esas persoas que ao longo deses anos de vida estiveron facendo traballos para que Ribeira sexa un bo concello onde poder vivir e traballar”.
Condicións para participar no encontro:
· Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
· Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco ou mais anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
· Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou mais anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
· Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou mais anos de idade.
· Poden participar co/a seu/súa cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estas persoas reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Dende o Concello de Ribeira informan que este ano continuarase coa redución de determinados gastos e que a Corporación Municipal deberá mercar a entrada como calquera outro veciño ou veciña.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.