
O Concello de Neda impulsaba hoxe a segunda edición do programa “Rompendo moldes”, destinado a acabar cos estereotipos de xénero no eido laboral, chegou esta mañá aos coles públicos locais. Alumnado de 5º e de 6º de primaria tiveron ocasión de coñecer a experiencia de catro mulleres de Neda que se abriron camiño en profesións tradicionalmente masculinizadas.
Consuelo Arús, primeira enxeñeira naval de construción de buques de guerra de Navantia; Paula Romero, técnica de laboratorio no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da UDC; Guadalupe Piñón, primeira muller taxista en Narón, e Tamara Cantero, soldado de Infantería de Mariña, compartiron vivencias e consellos coa rapazada, insistindo en que non hai estudos nin profesións só de homes nin só de mulleres.
A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, agradeceu a colaboración desinteresada das catro profesionais nesta iniciativa, que abre a programación especial do 8M en Neda.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.