
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Concello de Oleiros editou un vídeo protagonizado por mulleres que participan en distintas entidades sociais e veciñais do municipio. O vídeo pode visualizarse nas redes sociais do Concello e pon de manifesto a importancia da forza colectiva das mulleres como motor de cambio.
O vídeo transmite o valor da memoria feminista, lembrando as mulleres que foron pioneiras na defensa dos dereitos e que abriron camiño para as xeracións vindeiras. Tamén lanza unha mensaxe de optimismo de cara as conquistas pendentes para o futuro.
O Concello de Oleiros agradece a todas as mulleres participantes a súa boa disposición e colaboración para a realización deste vídeo.
VER VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=G2HAl9ky31I
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.