
Con motivo dos actos de conmemoración do 8-M, o auditorio Gabriel García Márquez acolleu un encontro de mulleres gardas civís co alumnado dos institutos de Oleiros. As 9 axentes participantes, de distintas xeracións, deron conta dos importantes avances logrados ao longo dos anos para romper barreiras nunha profesión tradicionalmente masculinizada.
Foi un encontro ameno, distendido, no que se relataron distintas vivencias moi enriquecedoras para a formación en igualdade dos mozos e mozas participantes, que tamén tiveron ocasión de realizar preguntas ás gardas civís.
“Demostrar que moitas nos abren camiño e nos amosan que non hai límites nin trabas que xuntas non poidamos superar… e que comprendades a importancia de loitar polo que queredes sen que o xénero sexa un condicionante ou un freo”, dixo a concelleira de Igualdade Belén Taboada ao inicio do acto. Pola súa parte o alcalde, Ángel García Seoane, destacou o exemplo de loita pola igualdade das mulleres gardas civís como un paso máis dos importante avances acadados durante as últimas décadas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.