
Recibíronse un total de 25 solicitudes para participar na categoría individual-parellas e 28 para a de grupos. Comparsas de toda Galicia virán ao entroido de Oleiros.
A partir das 18:00 horas, o Pavillón Arsenio Iglesias comezará a bailar ao son da orquestra Los Satélites.
Ás 19:00 horas será a quenda do gran concurso de disfraces, onde se repartirán 5.200 euros.
Na categoría individuais-parellas (1 ou 2 persoas) o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €. Na categoría grupos (entre 3 e 25 persoas) haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €.
Durante a xornada haberá chocolatada para os asistentes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.