
O PSOE de Oleiros segue sen xustificar a que destinou os 18.594,94 euros recibidos do Concello de Oleiros en concepto de subvencións durante a pasada lexislatura. Transcorridos máis de 18 meses desde a constitución da nova corporación, é o único partido político que non presentou a documentación que acredite o destino deses fondos.
O PSOE de Oleiros, igual que todos os grupos políticos con representación no Concello, recibe unha subvención municipal para gastos relacionados coa actividade política. PP, BNG e Alternativa do Veciños si xustificaron debidamente as subvencións que se lle outorgan. O PSOE de Oleiros foi o único que non o fixo.
Mentres o PSOE de Oleiros non xustifique o uso deses fondos públicos non poderá recibir os cartos correspondentes ás subvencións da presente lexislatura. Ademais terá que afrontar os intereses de demora correspondentes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.