Monday 10 de March de 2025

O Concello de Lousame adianta a mañá venres os actos do Día da Muller cunha actividade para o alumnado do CPI Cernadas de Castro


Un total de oitenta alumnos e alumnas da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame asistirá a unha actividade programada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día Internacional da Muller. Un acto que se adiantará a mañá venres 7 de marzo, ás 11:15 horas, na Casa da Cultura lousamiá.

A conselleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, dará a benvida á rapazada e procederá á lectura do manifesto institucional polo 8 de Marzo. Acto seguido terá lugar a proxección da película “Matria”, película galega de 2023 dirixida por Álvaro Gago e que recolle a vida de mulleres fortes e traballadoras.

Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro e o Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Deja un comentario