
O Concello de Frades adiantará a mañá venres 7 de marzo os actos conmemorativos do Día da Muller 2025, que inclúen unha exposición no multiúsos con traballos realizados polo alumnado do CPI Ponte Carreira, o reparto de material informativo tanto no propio colexio como na veciñanza que se achegue polo Concello, onde ás 12:00 horas terá lugar a tradicional lectura do manifesto.
A exposición do multiúsos estará conformada por traballos elaborados por alumnas e alumnos de 5º de Primaria a 4º da ESO para poñer en valor a contribución das mulleres en distintos campos do coñecemento. Unha iniciativa da Mancomunidade de Ordes e da Cruz Vermella de Ordes, en colaboración co Concello de Frades e o CPI de Ponte Carreira. A exposición poderá visitarse no multiúsos durante os próximos días.
Paralelamente, haberá unha mesa informativa na casa consistorial onde, ás 12:00 horas, a concelleira de Igualdade, Ánxeles Álvarez, dará lectura ao manifesto institucional polo Día da Muller. Por último, durante a mañá, o Concello de Frades tamén repartirá material divulgativo sobre o 8M entre o alumnado do municipio.
Unhas iniciativas organizadas polo Concello de Frades, en colaboración co Ministerio de Igualdade e ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.