
As obras inclúen a nova pavimentación e a sinalización.
O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da rede viaria en Sabaceda, na parroquia de Montemaior.
A intervención afecta a tres camiños dese núcleo de poboación que suman unha distancia lineal aproximada de 500 metros. As obras inclúen a limpeza de cunetas, o afirmado dos bordes da calzada e a nova pavimentación da superficie de rodadura dos vehículos para facilitar o tránsito. Concluiranse
posteriormente coa sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón desprazáronse ata Sabaceda para interesarse polo desenvolvemento dos traballos cos que se mellora sensiblemente as comunicacións rodadas nesa zona.
O investimento da actuación alcanza os 30.000 euros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.