
O fondos chegarán a través do Plan Camiña Rural 2025-2026 de Agader e a solicitude contou coa unanimidade plenaria
O Concello de Paderne destinará 60.369,32 euros a dous proxectos de pavimentación de vías nas parroquias de Souto e Viñas. Así o aprobou de xeito unánime os pleno municipal nunha sesión extraordinaria celebrada a finais de febreiro.
Os fondos chegarán a través do Plan Camiña Rural para o período 2025-2026, previa aprobación dos proxectos por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
De xeito concreto, prevese unha actuación no Camiño de Lambre, en Viñas, ao longo de 1.020 metros lineais que consistirá no refino e planeo coa correspondente apertura de cunetas e a instalación dun firme de pedra e posterior aglomerado de cinco centímetros de espesor. O orzamento sen IVE desta actuación está cifrado en 32.157,34 euros.
Por outra banda, poñerase en marcha un proxecto idéntico no Camiño Gas, de Souto, ao longo de 337 metros. O investimento previsto, sen IVE, é de 9.253,57 euros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.