
Un total de 125 de persoas desfrutaron do xa tradicional Cocido e Baile de Entroido, organizados polo Club de Xubilados de Lousame no local que a asociación ten en Aldeagrande. A festa comezou cun xantar a base de cocido e ao que a gran maioría das persoas asistentes acudiu disfrazada.
Despois do xantar, sobremesa con doces típicos do Entroido como orellas e filloas. E para rematar a xornada, baile coa actuación do grupo Aires de Broña e sorteo de cestas de agasallo, conseguidas pola xunta directiva da asociación Club de Xubilados de Lousame.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.