Monday 10 de March de 2025

Santiago súmase á convocatoria da Fegamp para reclamar a gratuidade total da AP-9


A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este martes que a capital galega decidiu sumarse á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para buscar unha postura conxunta a prol da gratuidade total da AP-9. En consecuencia, desconvocou a reunión impulsada para este venres, 7 de marzo, cos concellos do eixo atlántico.

Pazo de Raxoi
Nas últimas horas, a rexedora compostelá estableceu contacto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, co que concordou no obxectivo común de reclamar a gratuidade da autoestrada que descorre de norte a sur polo oeste do territorio galego e que milleiros de persoas traballadoras, estudantes e familias empregan para a súa vida cotiá.

Así, a rexedora de Santiago fixo fincapé no obxectivo común de “impulsar unha fronte de país sen localismos”, unha visión que nos contactos que mantivo con alcaldes e alcaldesas na última semana é común a todos os concellos.

Deja un comentario