
Segundo informan fontes do Goberno a partir de mañá día 5 a brigada de obras vai empezar a comenzar o arranxo do pavimento da rúa Romero Ortiz e substituír as franxas de pedra existentes por formigón impreso. Comezarase polas zonas de rúa máis anchas e para facer este traballo será necesario cortar un sentido de circulación. A rúa quedará en dirección subida (cara á Martín) no tramo comprendido entre a rotonda do Malecón e o cruzamento coa Rúa Canteira, Valle-Inclán e Toxo.
O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, detalla que con esta actuación preténdese poñer fin, dunha vez por todas, ás rotutas constantes que se producen nas franxas de pedra. “Imos empregar formigón impreso que ten maior resistencia para solucionar este defecto estrutural”. Ademais detallou que se vai tratar de calmar o tráfico coa adopción de medidas como o reforzo da sinalización ou a elevación dalgunha franxa.
Vidal Peón detallou tamén que está previso realizar unha zona de carga e descarga na zona do Malecón para facilitar que os servizos de reparto e particulares teñan onde deixar o coche un tempo e facer recados.
Poderase seguir accedendo aos garaxes e os servizos de transporte como os autobuses están xa avisados pola Policía Local.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.