
A intervención executarase no prazo de dous meses, desviando o tráfico e a liña 11 de autobús pola avenida de Arteixo
O Concello comezará esta semana as obras de renovación da rede de saneamento na avenida dos Mallos, no tramo comprendido entre os números 18 e 24 que conecta as rúas Eugenio Carré Aldao e Ramón Cabanillas. Esta actuación dá continuidade ás melloras levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey no presente mandato, coa finalidade de modernizar os servizos básicos da cidade.
Os traballos contemplan a renovación da rede de fecais, a instalación dunha nova rede de pluviais e a reforma integral do firme. Ademais, co obxectivo de optimizar o tránsito e a seguridade, modificarase a disposición do estacionamento no tramo polo que circula o autobús, pasando de prazas en batería a prazas en liña.
A duración estimada das actuacións é de dous meses. Dende mañá, mércores 5 de marzo, ás 9.00 horas, a liña 11 de autobús urbano circulará pola avenida de Arteixo co obxectivo de garantir o servizo. Asemade, por mor das obras, cortarase a circulación na avenida dos Mallos entre as rúas Noia e Eugenio Carré Aldao ate o vindeiro 28 de abril, mudando o sentido da rúa Eugenio Carré Aldao no tramo situado entre avenida dos Mallos e Sofía Casanova.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.