
Onte celebrouse o tradicional “Desfile e Concurso de Murgas e Comparsas” do entroido de Ribeira, trátase dun evento tradicional que conta cunha gran aceptación popular e participación do tecido asociativo do municipio no que este ano se repartiron 6.000 euros entre premios e gratificacións. Tanto a convocatoria, como o desfile, as comparsas e as murgas; resultaron dun nivel moi alto no concurso que se celebrou nunha ateigada carpa en Banda o Río que se quedou pequena e na que se tipo que abrir as lonas laterais para que toda a veciñanza gozara do concurso.
Nunha tarde fría de típico nordés ribeirán comezou o desfile que este ano inaugurou un novo percorrido que partiu do Auditorio Municipal seguindo por Rosalía de Castro pasando pola rúa de Galicia e chegando a Banda o Río polo Malecón. O concurso foi presentado pola mediática veciña Nusca Chousa e comezou coas actuacións das comparsas e as murgas infantís para seguir co concurso de murgas de categoría adulta na que se presentaron seis murgas dúas delas de fora do municipio (Tarde, mal e arrastro máis Aquelarre Portus Ébora”) e o resto do municipio. (Castiñeiras, Residencia do Maior, Dorna e a dos Veciños de Carreira).
A concelleira de Cultura quixo agradecer o traballo de tódolos participantes, “sobre todo por esas que veñen de fora por ese traballo que fan durante todo o ano para preparar eses traxes e coreografías tan elaboradas, porque se ve o traballo feito”, tamén tivo palabras de agradecemento para todo ese tecido social e cultural do municipio do cal fixo unha reflexión aludindo, “ás veces pídese algo máis espectacular pero coido que a murga como tal; o que é dar a murga…; na orixe é unha letra nun panfleto que se repartía de forma anónima e que dende o humor e a sátira se fai crítica política, social ou veciñal sen chegar a facer mal”.
A murga gañadora final foi “As voltas da vida” dos Veciños de Carreira que lograron nunha espectacular posta de escena, cuns disfraces moi medidos, unha sátira do Goberno local co alcalde á cabeza xunto cos concelleiros e concelleiras; tamén cunha letra moi lograda foron facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro do Goberno municipal. O público quedou entregado e foron gañadores por unanimidade. En segundo posto quedaron Aquelarre Portus Ébora e no terceiro lugar tarde mal e arrastro.
Antía non se quixo esquecer nos parabéns e agradecementos á comparsa infantil “Anos 50 e 70” da A.C. Alfaia, comparsa infantil “Motoristas Formula 1”, a comparsa “En xiada encaixamos” da Asoc. Xiada, comparsa “La mudanza” da escola baile El Tomasón, murga infantil “La reina” da Asoc. Haveira, a Nusca Chousa polo ben que levou a gala, o grupo Latexo percusión pola grande sincronía e animación, e aos membros do xurado: Eva Romero, Teresa Bretal, Cristina Riveiro, Xandre Millet e Javier Suárez.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.