
• O Concello pecha a liquidación do exercicio 2024 cun superávit de 835.000 euros
O Concello de Abegondo acaba de aprobar a liquidación do exercicio económico correspondente ao 2024. O balance resulta unha vez máis positivo, o que confirma o esforzo que se efectúa desde todos os departamentos municipais.
O exercicio conclúe cun superávit de 835.461,61 euros. Obtense por unhas obrigacións recoñecidas de 7.523.140,54 euros e uns dereitos recoñecidos de 8.447.223,68 euros, tras efectuar os pertinentes axustes.
O remanente de tesourería constitúe a variable que determina o estado real das contas municipais. Tras o peche de 2024, o remanente de tesourería do Concello de Abegondo sitúase en 2.150.468,58 euros.
Isto permitirá ao goberno local dedicar fondos do remanente a novos investimentos de interese veciñal. O Concello estima que poderá empregar uns 800.000 euros do remanente cumprindo a regra de gasto que determina o Estado ás administracións públicas.
“Cremos xusto poder dedicar fondos municipais do remanente a actuacións de interese para Abegondo”, sinala o alcalde, José Antonio Santiso.
Así mesmo, na liquidación ponse de relevancia que o Concello non ten débeda ningún crédito bancario concertado e non vai concertar ningún ao gozar de boa saúde económica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.