Monday 10 de March de 2025

O Festival de Entroido de Lousame reuniu a máis de seiscentas persoas no polideportivo municipal da Silva


Máis de seiscentas persoas participaron no Festival de Entroido do Concello de Lousame, que tivo lugar na tarde de onte domingo no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, entre as 17:00 e as 20:00 horas. A rapazada asistente puido desfrutar con distintos xogos e inchables, así como da degustación gratuíta de filloas, elaboradas por un grupo de veciñas de Lousame, e chocolate con churros, da man de Churrería Rafa.

Ademais, o Concello de Lousame entregou lambonadas a todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados da man dos concelleiros de Cultura, Silvia Agrafojo; Protección Civil, José Antonio Ces; e Deportes, Mariel Agrafojo. Todos eles coincidiron en agradecer a colaboración do persoal municipal e do voluntariado local na celebración deste festival de Entroido.

Deja un comentario