Monday 10 de March de 2025

Oleiros reclamará en Santiago que a AP9 sexa gratuíta


O venres 7 o alcalde de Oleiros reunirase coa alcaldesa de Santiago e outros dirixentes dos municipios da provincia da Coruña para solicitar conxuntamente ao Goberno do Estado a eliminación das peaxes da AP9 .

 

 

O Concello de Oleiros participará xunto coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nunha inicitiva para reclamar do Goberno de España a eliminación das peaxes da AP9, unha das máis altas do Estado. O encontro de alcaldes e alcaldesas terá lugar o vindeiro venres 7 de marzo ao mediodía no Pazo de Raxoi.

 

A gratuidade e a transferencia a Galicia desta importante infraestrutura viaria son reivindicacións que comparte Oleiros, xa que na actualidade a súa financiación recae nas economías familiares de galegas e galegos, a diferencia do que ocorre noutras comunidades como as mediterráneas, xa que a AP7 liberouse hai poucos anos dese lastre con tanta incidencia na economía.

 

Este movemento replica outros que xa están en marcha desde concellos da provincia de Pontevedra.

Deja un comentario