Monday 10 de March de 2025

Ribeira convoca o Consello Sectorial de Pesca para o vindeiro 14 de marzo


O Concello de Ribeira a través da concellería de Mar, convoca para o vindeiro venres 14 de marzo, o Consello Sectorial de Pesca onde os puntos a tratar na orde do día serán: a xestión de Portos mailo marisqueo.

O Consello Sectorial de Pesca é un órgano colexiado onde está representado todo o sector do mar do municipio, a anterior convocatoria celebrouse o pasado 12 de xaneiro do 2024.

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes manifestou que “un punto moi importante a tratar será o dragado do porto de Ribeira e Aguiño polos constantes episodios de embarcacións que se quedan en seco”, outro punto importante que sinalou é o alumeado dos portos “sobre todo o de Ribeira que leva cinco meses sen luz e igual neste senso os portos das parroquias de Corrubedo, Castiñeiras, Palmeira e Aguiño”, por outra banda tamén resaltou o problema do marisqueo e “cales son as medidas ou a folla de ruta que ten a consellería en busca de atopar unha solución”.

O alcalde, Luís Pérez Barral, detallou que “dende o Concello de Ribeira seguimos comprometidos co desenvolvemento do sector pesqueiro e marisqueiro, motor de económico da vila”. O Consello Sectorial de Pesca será unha oportunidade para tratar cuestións importantes para os nosos portos e a actividade pesqueira. Alén de falar do dragado dos portos de Ribeira e Aguiño, trataremos outros asuntos como a necesidade que a Consellería de Mar desenvolva actuacións de mantemento ou garantir a seguridade e a operatividade dos portos.

Pérez Barral considera que é fundamental abordar o problema do marisqueo. “A situación que atravesa este sector require un estudo e definir un plan de acción claro co obxectivo de buscar solucións duradeiras e efectivas para paliar a redución da productividade na ría”.

Deja un comentario