Monday 10 de March de 2025

Centos de veciños de Abegondo celebraron a súa gran festa de Entroido


O Concello de Abegondo celebrou hoxe domingo ao grande a súa gran festa de Entroido. Desde primeira hora da tarde, o polideportivo congregou por centos de veciños, con especial protagonismo dos máis pequenos.

Os concursos de disfraces, dotados con 2.000 euros en premios, constituíron o prato principal da xornada. O desfile das decenas de participantes foi animado con moitos aplausos desde o público, enxalzando a creatividade das vestimentas.

O Concello convocou tres modalidades de concursos para propiciar a participación. Na categoría individual ou en parella, para adultos, venceu “Dama branca” e fíxose cun premio de 150 euros.

No apartado de grupos, de 3 a 7 integrantes, o primeiro premio de 300 euros, foi para “Caralletas Despeluxadas” e o segundo de 200 euros, para “Fórmula 1”.

E na modalidade de comparsas, de 8 ou máis integrantes, repartíronse dous premios de 800 e 500 euros respectivamente. O vencedor foi “Aladín en troula” e en segundo posto quedou “Bribeslyx”.

O alcalde, José Antonio Santiso, xunto cos concelleiros Alberto Seoane e Francisca Bestilleiro, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores. O rexedor felicitou a todos os participantes “por preservar ou espírito do Entroido”.

Ademais dos concursos, o Concello repartiu agasallos para todos os que foron disfrazados. O acto estivo amenizado pola música do momento a cargo de Carlos Manteiga.

Deja un comentario