Monday 10 de March de 2025

Cable de liña telefónica desprendido na Parroquia de Golmar, na Laracha


Os bombeiros do porque Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 14:30 horas da tarde de hoxe, sábado 1 de marzo, por un cable de tendido telefónico que se atopaba tirado na estrada, á altura do lugar de Folgueiras nº1, Parroquia de Golmar, no Concello da Laracha.

Unha vez chegaron, comprobaron que había un cable do tendido telefónico que se soltou do poste e que ten un tramo colgando. O cable xa estaba suxeitado por algún veciño ao gardarraíl da estrada e o tramo que baixa dende os outros cables ata o chan non afectada á estrada, polo que non interrompía o paso. Non atoparon persoas ou bens afectados. Os bombeiros procederon a balizar a zona para facer visible o cable e a chamar á empresa encargada do mantemento da liña telefónica para que procedan a arranxar a problemática.

Na actuación non se desprazaron máis corpos de seguridade.

Deja un comentario