
— Este programa cobre tanto proxectos individuais como colectivos relacionados coa conectividade dixital, a automatización, o tratamento de datos, a ciberseguridade ou o control virtual dos sistemas loxísticos
— Nas nove convocatorias anteriores, desde 2018, rexistráronse 1.304 solicitudes con axudas que suman 26,8 M€ e un investimento mobilizado de 65,1 M€
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apuntou hoxe que, ata o vindeiro venres 7 de marzo, aínda se poden solicitar as axudas que a Xunta de Galicia pon á disposición de pemes e autónomos para que poidan dotarse de mellores sistemas de conectividade dixital, automatización ou tratamento de datos, entre outros.
Lorenzana visitou hoxe as instalacións do centro deportivo Squash Santiago, beneficiario deste programa que ten aberta neste momento a súa décima edición, por un importe de 3 M€ e que cobre ata o 35 % dos investimentos para os autónomos e as pequenas empresas, e o 25 % para as medianas, mentres que para os gastos de consultaría a intensidade de subvención acada o 50 %
Esta liña de axudas abrangue tanto proxectos individuais como colectivos en ámbitos como o desenvolvemento de interfaces dixitais, a automatización ou o control virtual dos sistemas loxísticos, a ciberseguridade, a xeolocalización e sensorización, a aplicación do big data, etc.
Nas nove convocatorias anteriores, desde 2018, rexistráronse 1.304 solicitudes de autónomos e pemes, con axudas que suman 26,8 M€ e un investimento mobilizado de 65,1 M€.
Segundo dixo, a prioridade é axudar a que as pequenas e medianas empresas e ás persoas autónomas se beneficien das vantaxes que ofrecen as tecnoloxías dixitais a nivel de operatividade, eficiencia e produtividade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.