Monday 10 de March de 2025

Sergude celebra mañá domingo o seu Entroido con Xenerais, Correos e Coros, coa música de Son de Gaita e Óbice Capital


Os atranques dos Xenerais da Ulla terán lugar baixo carpa no campo da festa a partir das 20:00 horas

 

Sergude celebra este domingo 2 de marzo a súa festa de Entroido, que inclúe a partir das 20:00 horas un dos famosos Atranques dos Xenerais da Ulla, festa declarada de interese turístico de Galicia. A festa dará comezo ás 10:00 horas coa saída do campo da festa dos Xenerais, Correos e Coros, que percorrerán esta parroquia de Boqueixón acompañados da música do grupo local Son de Gaita.

 

Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 20:00 horas actuarán os Coros de Entroido, acompañados novamente por Son de Gaita. A iso das 20:00 horas está previsto que se realicen os Atranques dos Xenerais da Ulla, que escenificarán os seus tradicionais enfrontamentos dialécticos por parellas nos que farán sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano. Ao rematar os atranques sortearse a carretilla do Entroido e Óbice Capital porá o fin de festa.

 

Dende a Comisión de Festas de Deseiro de Abaixo confirman que haberá un amplo aparcadoiro gratuíto a carón do campo da festa, onde haberá unha carpa, se ben as últimas previsións de Meteogalicia indican que será unha tarde sen chuvia.

Deja un comentario